Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

ANUNCIO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do día 18 de marzo de 1998, os proxectos de saneamento no termo municipal, pavimentación de accesos a núcleos de poboación e abastecemento de auga e rede de distribución en Oirós, redactados polo enxeñeiro técnico de obras públicas Alfredo Montero Vaz.

En sesión do día 2 de xullo de 1998, aprobouse incialmente a memoria valorada de 1ª fase local cultural e social de Gres, redactada polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla.

Expóñense todos eles durante o prazo de quince días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente anuncio no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

En sesión do día 2 de xullo de 1998, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas que rexerán

o concurso polo procedemento aberto da obra de 1ª fase local cultural e social de Gres; e en sesión do día 9 de xullo de 1998, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o concurso, polo procedemento aberto, das obras de saneamento no termo municipal, pavimentación de accesos a núcleos de poboación e abastecemento de auga e rede de distribución en Oirós, expoñéndose todos eles ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez, convócase licitación pública para a adxudicación das devanditas obras, que quedaría aprazada no suposto de presentaren reclamacións á memoria valorada, ós proxectos ou ós pregos, seguindo, o que reste, a partir do día seguinte da resolución das reclamacións.

* Obxecto do contrato: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, das obras de 1ª fase local cultural e social de Gres, saneamento no termo municipal, pavimentación de accesos a núcleos de poboación e abastescemento de auga e rede de distribución en Oirós.

* Tipo de licitación: é de 5.000.000, 4.869.066, 4.869.066 e 5.369.617 pesetas respectivamente, con IVE incluído.

* Prazo de execución: 4 meses, 6 meses, 6 meses e 6 meses respectivamente.

* Garantías: a provisional establécese en 100.000, 97.381, 97.381 e 107.392 pesetas respectivamente, e a definitiva igual ó 4% do importe de adxudicación.

* Prazo de presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

* Apertura de plicas: terá lugar ás dez horas do primeiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións; se este coincide en sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

* Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula 2ª do prego de condicións.

* Modelo de proposicións: o recollido na correspondente cláusula do prego. Os licitadores presentaranse simultaneamente coa proposición e en sobre á parte os documentos que se indican na referida cláusula.

* Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e impostos que procedan, incluído o IVE, así como os de dirección técnica das obras.

Vila de Cruces, 16 de xullo de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado