Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN XOÁN DE RÍO

ANUNCIO de licitación.

1º Entidade adxudicadora.

a) Órgano: Comisión de Goberno do Concello de San Xoán de Río.

b) Dependencia trámite do expediente: a secretaría do concello.

c) Expediente: 1-2-1998 C-FCL/P.P.

2º Obxecto do contrato.

1. Execución das obras de abastecemento e saneamento en Cambela, Ribadas e Cerdeira (FCL/1998),

abastecemento a Pacios-Vilariño dos Palleiros (POL/1998), nº 390/8/98.

2. Tramitación, procedemento e forma da adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b)Procedemento e forma: aberto-concurso.

3. Orzamento: 13.196.624 ptas. (FCL/1998).

11.100.000 ptas. (POL/1998).

4. Garantía provisional: 222.000 ptas. (POL/1998).

263.932 ptas. (FCL/1998).

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de San Xoán de Río.

b) Domicilio: praza da Constitución 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense.

c) Teléfono: 988 34 60 02.

d) Fax: 988 34 61 30.

e) Data límite para a obtención da documentación e información: dous días antes ó do remate do prazo para presenta-las proposicións.

f)Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica, con clasificación E-1, categoría C.

6. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: finalizará ós trece días naturais contados desde o seguinte ó da data da ultima publicación do anuncio no DOG ou BOP (data da última publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a que se explicita no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: rexistro do Concello de San Xoán de Río, de luns a venres en horario das 10 ás 14 horas. Domicilio: praza da Constitución, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense.

d) Prazo durante o cal o licitador mantén a súa oferta.

7. Apertura de ofertas.

a) Lugar: salón de sesións do Concello de San Xoán de Río (Ourense).

b) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de propostas, ás 12 horas. Se este día fose sábado ou inhábil, a apertura efectuarase o luns ou día hábil seguinte. Se a mesa tivese que constituírse despois do 15-8-1998, a apertura efectuarase o 8-9-1998.

8. Outras informacións: Concello de San Xoán de Río.

9. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

San Xoán de Río, 14 de xullo de 1998.

Pedro Fernández Fernández

Alcalde

7085