Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POL

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 2 de xullo, aprobou os pregos de cláusulas económico administrativas das obras incluídas no PIEL 1998:

1ª Obra: iluminación pública en San Martiño de Ferreiros, Lea e Fraialde, 1ºF. Orzamento execución contrata: 16.395.698 ptas. Prazo de execución: 4 meses.

2ª Obra: accesos de núcleos en Fraialde, Carazo e Cº do Outeiro (Valonga)(plan provincial 1998).

Orzamento execución contrata: 6.441.479 ptas.

Prazo de execución: 9 meses.

As obras adxudicaranse por procedemento aberto, mediante concurso.

Os pregos de cláusulas expóñense ó público durante oito días para exame e reclamacións. Coa salvidade establecida no artigo 122.2 do R.D.L. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das obras citadas. O extracto da convocatoria da licitación publicarase no BOP de Lugo. O prazo de presentación de propostas é de vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación (BOP ou DOG).

Pol, 14 de xullo de 1998.

José Luis Fugarolas Villamarín

Alcalde

7058