Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno, do 9 de xullo de 1998, polo que se anuncia concurso en procedemento aberto e por trámite de urxencia para a contratación da subministración de contedores e papeleiras para recollida de residuos sólidos (proxecto nº 210-1 do PIEL/1998).

Tipo de licitación: 3.066.866 pesetas IVE incluído.

Fianzas: provisional: 61.337 pesetas (2% do tipo); definitiva: 122.674 pesetas (4% do tipo).

Ámbalas dúas poderán constituírse en calquera das formas admitidas na actual normativa de contratación.

Plicas: durante os 13 días naturais a partir do último anuncio no BOP de Lugo ou no DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións (excepto sábados).

Información e obtención de documentación: o modelo de proposición e información sobre a documentación que hai que presentar, así como copia do prego de cláusulas administrativas particulares poderá obterse nas oficinas municipais do Concello de Castro de Rei, da 9 ás 14 horas. Teléfono: 982 31 40 34, e telefax: 982 31 40 61.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Castro de Rei, 10 de xullo de 1998.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde

7057