Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso para a contratación do servicio de conservación, entretemento e mantemento das instalacións de iluminación pública e dependencias municipais do Concello de Cambre.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cambre.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Contratación.

c) Número de expediente: 30-5 CON E ASIST.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de conservación, entretemento e mantemento das instalacións de iluminación pública e dependencias municipais do Concello de Cambre.

b) Lugar de execución: Concello de Cambre.

c) Duración contrato: 4 anos, prorrogable por 2 anos máis, de mutuo acordo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 28.331.223 ptas. IVE incluído.

5. Garantías

a) Provisional: 566.624 ptas.

b) Definitiva: 4% dio tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Cambre. Departamento de Contratación.

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade e código postal: Cambre 15660.

d) Teléfono: 981 67 52 34-981 67 52 08.

e) Fax: 981 67 59 69.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13.30 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo para presenta-las proposcións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupo 7, categoría B.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9.30 ás 13.30 horas dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado «Documentación», conterá a documentación esixida na cláusula 12.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado «Referencias técnicas», conterá a documentación esixida na cláusula 12.3 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Cambre. Rexistro de Entrada.

2º Domicilio: Adro, numero 1.

3º Localidade e código postal: Cambre, 15660.

d) Prazo de validez da oferta: tres meses desde a apertura.

e) Variantes: admitiranse un máximo de dúas variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Cambre (salón de sesións).

b) Domicilio: Adro, número 1.

c) Localidade: Cambre.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións: departamento de Contratación, primeira planta da Casa do Concello, onde está á disposición dos interesados o expediente incoado para o efecto.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Exposición do prego.

Poderase examinar no departamento de Contratación, primeira planta da Casa do Concello, e presentar alegacións no prazo de oito días, de conformidade co previsto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Cambre, 17 de xullo de 1998.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

7056