Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na sua sesión con data do 25 de xuño deste ano, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle da unidade de execución número 1 B das normas subsidiarias municipais, presentado por Anjoca, S.L., e que redactaron os arquitectos Jaime Martínez Molina e Ignacio Ferreiro González.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá intepoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superor de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se lle deberá comunicar previamente a este concello, segundo o estalecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 13 de xullo de 1998.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

7061