Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/164-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lestrove Oeste.

Situación: Padrón e Dodro.

Características técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón (4) e metálicos (3) e con conductor LA-56, de 514 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 15 (beira río Sar) e remate no C.T. aéreo sobre pórtico en Lestrove, seguido de tramo subterráneo de 10 m de lonxitude en conductor 2R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, con final C.T. Lestrove Oeste. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kVA en Lestrove do que parte rede subterránea, en conductor 2R.Z. 0,6/1 kV, de 3(1x95) mm Al, 2R.V. 0,6/1 kV de 4(1x150) mm Al. Padrón e Dodro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6211