Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/236-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. San Lázaro-C.T. A Muíña.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 de 3(1x240) mm Al de 450 m de lonxitude, con orixe en C.T. San Lárazo (expediente 3839) e remate inmediacións Pazo de Congresos de 530 m de lonxitude, con orixe inmediacións Pazo de Congresos e remate C.T. A Muíña. (Expediente 30601). Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

7156