Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/199-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avad. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Beco-Ventosa.

Situación: Cedeira.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV, de 3(1x240) mm Al, de 105 m de lonxitude, con orixe na torre metálica da liña Ventosa-Instituto (expediente 195/94) e remate na mesma torre unha vez que entre e saia do C.T. a Chousa, que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV na Chousa, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 320 m de lonxitude. Rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 320 m de lonxitude, con orixe no C.T. Regoa-Barral e discorrendo polo lugar. Cedeira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6272