Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 53/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes

de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión a 15/20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 608 m de lonxitude, con orixe na liña Buño-Corme (expediente 31039), seguido dun tramo sbuterráneo, baixo tubo e cun conductor R.H.V. de 3(1x150) mm Al, de 20 m de lonxitude no parque empresarial de Ponteceso e final no C.T. que se vai instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de 400 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV no parque empresarial de Ponteceso. (Expediente 53/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Tella (termo municipal de Ponteceso).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos

para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª planta, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña; así mesmo, poderán formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou cando se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 11 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 53/98. Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Parque empresarial Ponte.Termo municipal: Ponteceso.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2LamosoPradoManuel Vidal CastroTella, s/n, 15110 Pontecesoœ 1111110

4LamosoPradoJosé Anido LemaTella, s/n, 15110 Ponteceso12120

7LamosoPradoJosé Vecino SeoaneTella, s/n, 15110 Ponteceso10100

8/1LamosoPradoDescoñecido20

9LamosoPradoHdos. Antonio Amado PosePonte do Porto, s/n

15319-Betanzos

636

10CarballeiraPradoDolores Gómez SoneiraTella, s/n, 15110 Ponteceso13130

11CarballeiraPradoHdos. Jesús Ures SoutoTella, s/n, 15110 Ponteceso2264640

12CarballeiraPradoHdos. Ramón Cerdeira MoreiraTella, s/n, 15100 Ponteceso32320

14CarballeiraPradoDolores SoutoTella, s/n, 15110 Ponteceso880

15CarballeiraPradoHdos. Ramón García BlancoTella, s/n, 15110 Ponteceso880

21CarballeiraPradoHdos. Antonio Romero GómezTella, s/n, 15110 Ponteceso50500

23CarballeiraPradoJosé Varela TorradoTella, s/n, 15110 Ponteceso10100

25CarballeiraPradoHdos. Ramón Figueroa CostaTella, s/n, 15110 Ponteceso 660

26CarballeiraPradoHdos. Ramón García BlancoTella, s/n, 15110 Ponteceso330

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

27CarballeiraPradoHdos. Emilio Martínez MoreiraTella, s/n, 15110 Ponteceso770

28CarballeiraPradoHdos. José Pérez VarelaTella, s/n, 15110 Pontecesoœ-41880

29CarballeiraMonte altoPerfecta García PosePonteceso, 15115 Cesullasœ-4130480

30CarballeiraMonte altoTeresa Barcia PoseTella, s/n, 15110 Ponteceso24384

31CarballeiraMonte altoJosé Figueiras VarelaTella, s/n, 15110 Ponteceso24344

32CarballeiraMonte altoRamón García PoseTella, s/n, 15110 Ponteceso40

6270