Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/52-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Enderezo social: Marqués de Valladares 23 2º OF 2, 36210 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. e C.T. Oleiros.

Situación: Concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 15 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., sobre apoio metálico, desde o apoio 12 da L.M.T. Oleiros-Salvaterra ata o C.T. de Oleiros, Concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV 230/400 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 11 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6268