Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/51-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctra Alto Miño, S.A....

Enderezo social: Marqués de Valladares, 23 2º OF 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. e C.T. en San Roque-Cabreira.

Situación: concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30, sobre apoio de formigón, desde o apoio 39 da L.M.T. xeral Salvaterra-Salceda ata o C.T. de Cabreira, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 75 kVA, relación de transformacion 15/20 kV-230/398 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 11 de xuño de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

6259