Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave GA/98/5IA-1, PO/98/73G16-0.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para o seguimento, vixilancia e control ambiental de obras conforme o Decreto 442/1990 e Decreto 327/1991 e a Lei 1/1995, de protección ambiental para Galicia.

Clave: GA/98/5IA-1.

Orzamento: vinteún millóns seiscentas dezasete mil sesenta e catro pesetas (21.617.064).

Prazo de execución: 18 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría A, a súa achega ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

2. Asistencia técnica para a redacción do estudio informativo e avaliación ambiental da vía rápida do Morrazo e accesos a esta.

Clave: PO/98/73G16-0.

Orzamento: trece millóns cincocentas sesenta e tres mil oitocentas dez pesetas (13.563.810).

Prazo de execución: 8 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría A, a súa achega ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados nos parágrafos anteriores.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día

natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 1998.

P.D.(O 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6260