Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Venres, 24 de xullo de 1998 Páx. 8.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1998 pola que se anuncia a licitación dos concursos, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas que se citan.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia: Dirección Xeral de Urbanismo.

c) Teléfono de información: 981 54 43 82 e 54 43 71.

2. Obxecto dos contratos de asistencia técnica:

a) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica BLOQUE 98-01.

Clave: 98-07-ESUR.

Orzamento: 35.831.365 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

b) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-02.

Clave: 98-08-ESUR.

Orzamento: 32.141.201 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

c) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica BLOQUE 98-03.

Clave: 98-09-ESUR.

Orzamento: 36.143.956 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

d) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-04.

Clave: 98-10-ESUR.

Orzamento: 31.870.418 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

e) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-05.

Clave: 98-11-ESUR.

Orzamento: 32.553.314 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

f) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-06.

Clave: 98-12-ESUR.

Orzamento: 31.876.357 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

g) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-07.

Clave: 98-13-ESUR.

Orzamento: 35.290.436 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

h) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-08.

Clave: 98-14-ESUR.

Orzamento: 35.039.844 pesestas.

Prazo de execución: 18 meses.

i) Asistencia técnica para a execución de cartografía analítica- BLOQUE 98-09.

Clave: 98-15-ESUR.

Orzamento: 28.172.889 pesetas.

Prazo de execución: 18 meses.

3. Solvencia económica e financeira.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe de institucións financeiras ou, se

é o caso, xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

4. Solvencia técnica:

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante:

Unha relación dos principais traballos realizados nos últimos cinco anos, que inclúan importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.

Unha descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

6. Garantías:

Ver cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Solicitude da documentación.

Copynino en r/ Xeneral Pardiñas nº 2 15701 Santiago de Compostela. A Coruña.

Teléfono: 981 58 89 38

Importe das copias (IVE incluído):

1. No caso de que se requira a documentación dun só bloque obxecto do concurso, o prezo será de 445 pesetas.

2. No caso de que requira a documentación de tódolos bloques obxecto dos concursos, o prezo será de 1.491 pesetas.

b) Información: ver punto 1 do presente anuncio.

c) Data límite de obtención de documentos e información: vixésimo sexto día contado a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

8. Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións:

a) Data límite de presentación de proposicións: ás doce horas do vixésimo sexto día contado a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

10. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la oferta: tres (3) meses.

11. Apertura de proposicións: o día 1 de setembro, ás dez horas, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en San Caetano. Santiago de Compostela.

12. Gastos do anuncio: os gastos do presente anuncio serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1998.

P.D.(O. 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial Obras Públicas e Vivenda

7049