Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 03/0007478/98 interposto por Hierros Diego, S.L. contra Resolución do 17-12-1997 desestimatoria do recurso contra outra da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sobre a acta de infracción nº 975/1996, expediente nº 142/1997.
Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.
Francisco Javier Rubio Delgado
Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior
e Relacións Laborais
64909