Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sancion farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia, Urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18, 1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constriximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 19 de xuño de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número

Expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

Sancionador

Sanción

521/97María Idaliz Lobeiras Díaz32.609.381Carmen nº 35, 1º, FerrolDiscoteca

La Terminal

26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser
711/97VIP La Cabana, S.L.B.33.653.353Españoleto nº 21-23, 4ºD, FerrolDiscoteca La Nave23-ñ) LO 1/199228 LO 1/1992100.000 ptas.
735/97Federico José Gómez

Caamaño

33.650.662Lugo nº 50, 3º, FerrolDiscoteca Off Set26-e) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser
747/97José Benigno Chouciño Pardo32.450.781Agros nº 21, Malpica de BergantiñosFiesta DJ's Villa

de la Vida

23-d) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser
1156/97Francisco Javier Silva Botana33.263.832Mestre Lorenzo Palmeira, nº4, 3º, RibeiraClub Tres Estrellas26-e) LO 1/199228 LO 1/199215.000 ptas.
68/98Manuel Pomar Cancela33.213.399Viena nº 7-6, 1º,

Santiago de Compostela

Raxería MJO. M. Buceta26-e) LO 1/199228 LO 1/199225.000 ptas.

6489