Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0007203/98, interposto por Escayolas Os Pedrouzos, S.L.

Recibida providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 03/0007203/98 interposto por Escayolas Os Pedouzos, S.L. contra Resolución do 14-11-1997 desestimatoria do recurso contra outra da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sobre acta de infracción nº 1680/96, expediente nº 168/1997.

Esta secretaría xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte en autos na sección terceira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 1998.

Francisco Javier Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

6487