Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.355

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (375/1991).

En autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria nº 375/1991 seguido por instancia do Banco Hipotecario de España S.A. representado polo procurador García Boado contra Hermelina Villamil González, Manuel Quintana Fernández, Concepción Pilar Mourín Díaz e Higinio Fernández Fernández sobre os predios sitos en Burela, rúa Rosalía de Castro s/n 6º D e 6º C respectivamente dictouse auto de adxudicación, da que a parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Acordo: aproba-lo remate do predio descrito nos antecedentes de feito desta resolución a favor do Banco Hipotecario de España, S.A. CIF A-28/000040, domiciliado en Madrid, Paseo de Recoletos, 10 polo prezo de cinco millóns seiscentas mil pesetas (5.600.000 ptas.) o predio sinalado co nº 1; e polo prezo de cinco millóns oitocentas corenta mil pesetas (5.840.000 ptas.) a sinalada co nº 2, a quen se lle expedirá testemuña do presente auto co visto e prace de quen resolve, e que servirá de título bastante para a inscrición ó seu favor, prevíndoo de que deberá presentalo dentro do prazo regulamentario na oficina liquidadora do imposto de dereitos reais, para satisface-lo correspondente a esta transmisión.

Enténdanse subsistentes tódalas cargas anteriores ou preferentes ó crédito aquí reclamado do predio antes sinalado, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado nas responsabilidades delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Enténdase recibido polo acredor, polo seu crédito, xuros e custas, a cantidade de 11.440.000 pesetas.

Enténdase que o resultado do procedemento non pode certificarse se existe ou existen inquilinos e ocupantes do predio obxecto desta aprobación.

Decrétase a cancelación da inscrición de hipoteca tomada respecto ó predio indicado no primeiro feito desta resolución que aquí se dá por reproducida.

Así mesmo decrétase a cancelación de tódalas incricións e anotacións que graven o predio a que se refire este auto, posteriores á expedición da certificación que determina a regra 4 do artigo 131 da Lei hipotecaria.

Así mesmo decrétase a cancelación das cargas posteriores, segundo resulta da certificación da regra 4 librada polo rexistrador da propiedade, son:

Predio 10.835.

-Anotación letra B a favor de Banco Hispanoamericano, S.A. en reclamación de 555.985 ptas. de principal e 100.000 ptas. máis para custas e gastos.

-Anotación letra C a favor do Banco Zaragozano, S.A. en reclamación de 212.531 ptas. e 100.000 ptas. máis para xuros e custas.

Por último que o prezo obtido foi inferior ó crédito da parte actora.

E para que teñan lugar estas cancelacións, líbrese mandamento, por duplicado, ó rexistrador da propiedade de Viveiro.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición ante este xulgado no prazo de tres días.

E para que conste e sirva de notificación ós demandados, en paradoiro descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o oito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

6464