Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.355

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación de remate (31/1998).

En virtude do disposto polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, nos autos de xuízo executivo nº 31/1998, promovidos polo Banco Pastor, representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Consmeta S.L., entre outros, o cal se encontra en ignorado paradoiro, en reclamación da cantidade de 11.494.471 ptas. como principal, e a de 5.000.000 de ptas. que se calculan para xuros e custas; por providencia da data 19-06-1998, por ignorarse o paradoiro do expresado demandado e sen o previo

requirimento de pagamento, acordouse o embargo dos seguintes bens:

Acordando así mesmo verifica-la citación do remate por medio do presente edicto, na forma establecida no artigo 269 da Lei de axuizamento civil, concedéndoselle ó mencionado demandado polo termo de nove días para que compareza nos referidos autos e se opoña á execución, se lle conviñese, significándolle que están á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

Dado en Padrón o 29 de xuño de 1998.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6513