Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.355

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 16 de xullo de 1998, do tribunal nomeado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, grupo B, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base III.10 da Orde do 26 de agosto de 1997, pola que se convocan as citadas probas selectivas (DOG nº 199, do 15-10-1997), e por acordo do tribnal nomeado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión celebrada na data mencionada, faise público o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes para o próximo día 28 de xullo, martes ás 10 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado media hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos de DNI e lapis.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1998.

José Ricardo Díaz Presedo

Presidente do tribunal

6544