Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.345

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, regulados no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala superior de finanzas e corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 28 de xaneiro de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia nº 28, do 11 de febreiro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativos ós corpos superior e de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escala superior e técnica de finanzas, na súa sesión celebrada o 10 de xullo de 1998, unha vez elevada a correspondente proposta e de

conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios dos corpos superior e de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupos A e B), escala superior e técnica de finanzas, da forma que a continuación se indica:

Anexo I: que figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Anexo III: figuran os solicitantes que, en aplicación do previsto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, e na base 2ª da Resolución do 28 de febreiro de 1998 pola Comisión Permanente de Selección, non están incluídos nas listas.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas de luns a venres e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos, San Caetano s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-De conformidade co establecido na base 3.3 da Resolución do 28 de febreiro de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 28, do 11 de febreiro), como requisito indispensable para ser admitidos nas listas, deberase proceder ó pagamento no mesmo prazo de 10 días, das seguintes taxas por dereitos de inscrición:

-Grupo A (escala superior de finanzas): 9.460 ptas.

-Grupo B (escala técnica de finanzas): 8.270 ptas.

O ingreso das taxas efectuarase segundo modelo anexo IV nas entidades bancarias que se sinalan.

O non aboamento das taxas no prazo fixado suporá a exclusión automática da/s lista/s.

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso levaranse a efecto emendas e comprobacións procedentes, dándose diso a oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Directora xeral da Función Pública

7014