Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.344

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 216/1998, do 17 de xullo, polo que se nomea presidente do Consello da Xuventude de Galicia a José Ramón Rey Couselo.

Efectuada pola asemblea xeral do Consello da Xuventude de Galicia, na súa sesión do 13 de xuño

de 1998, a elección do presidente do Consello, resulta necesario que, de conformidade co establecido no artigo 18.3º da Lei 2/1987, do 8 de maio, o Consello da Xunta de Galicia proceda ó nomeamento daquel en virtude da proposta da devandita asemblea.

Polo exposto, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito

DISPOÑO:

Nomear a José Ramón Rey Couselo presidente do Consello da Xuventude de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7054