Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.344

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 215/1998, do 8 de xullo, polo que se nomean varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño (DOG nº 133, do 12 de xullo de 1995), polo que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Desígnase como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, a Ignacio Pérez Calzado, Delia Irene Martínez Conde e José Carlos Rodríguez del Río, e como membros suplentes do CES a Mar Alfonsín Madrigal, José Tomé Roca, Rosa Arcos Caamaño e Eusebio Oreona Martínez, de acordo coa proposta do Sindicato UGT-Galicia.

Santiago de Compostela, oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

7037