En virutde do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 10 f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño (DOG nº 133, do 12 de xullo de 1995), pola que se crea
o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 9 e) do Regulamento de réxime interno deste (DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,
DISPOÑO:
Artigo único.-Que cesen como membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, José Benito Nuñéz López, Julia Martínez González e Ricardo Varela Sánchez, e como membros suplentes do CES, Juan Fontenla Fernández, Carlos Álvarez Muñoz, José Manuel Pose Mesura e Manuel García González, de acordo coa proposta do Sindicato UGT-Galicia.
Santiago de Compostela, oito de xullo de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
7032