Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.346

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, do tribunal designado para xulga-las probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transportista por estrada, axencia de transporte de mercadorías, transitario e almacenista-distribuidor, convocado por Resolución do 29 de decembro de 1997, da Dirección Xeral de Transportes (DOG do 31 de decembro), pola que se elevan a definitivas as listas provisionais de aprobados e se ordena a súa publicación nas materias que se establecen no punto primeiro desta resolución.

Este tribunal resolveu:

Primeiro.- Elevar a definitivas e publica-las listas de aprobados das actividades de transportista por

estrada; axencia de transporte, transitario e almacenista-distribuidor, que se atopan expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Transportes, nas delegacións provinciais da Consellería de Politica Territorial, Obras Públicas e Vivenda e nos servicios proviciais de Transportes.

Segundo.- Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso ordinario nun prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Presidente do tribunal

6696