Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de diversas obras de fondos propios 1998.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das obras que a continuación se detallan:

1. C.P. PO-4101 Barrantes-Cabanelas, 2ª fase (Ribadumia): 19.999.601 ptas.

2. C.P. PO-4202 Xil-Covas-Ribadumia (Ribadumia): 15.000.000 de ptas.

3. C.P. PO-4703 Vilanova-As Sinas (Vilanova): 20.000.000 de ptas.

4. C.P. PO-4402 Meaño-Barrantes: 20.000.000 de ptas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación, agás as obras nº 3 e 4. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación para tódalas obras.

Clasificación empresarial: para as obras nº 3 e 4: grupo G, subgrupo 4, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 9 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

6930