Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra dun polideportivo cuberto en Cabanas-Salcedo.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da devandita obra por importe de 87.935.373 ptas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación para tódalas obras.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 2, categoría c; grupo C, subgrupo 6, categoría b e grupo C, subgrupo 7, categoría b.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentacióin: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 9 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado