Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da obra E.P. Toedo-Alto da Cruz (A Estrada).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, da devandita obra por importe de 15.000.000 de ptas.

Fianzas: provisional do 2% do tipo de licitación. Definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

Pontevedra, 9 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

6929