Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle na avenida de Madrid 18. (Expediente 4843/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do cinco de xuño de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle na Avda. de Madrid nº 18, segundo a documentación presentada por Manuel González Rodríguez e redactado polo arquitecto José Herrero García, visado polo COAG con data do 20 de maio de 1998, someténdoo a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, significando que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da

publicación do primeiro anuncio ata transcorrido un mes desde a derradeira.

O expediente atópase a disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da casa do concello).

Vigo, 19 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

6926