Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 1998 pola que se anuncia concurso, para adxudicación do tratamento herbicida e limpeza de foxos nas vías provinciais.

Tipo de licitación: fíxase nas seguintes cantidades, IVE incluído:

-Lote 1, bloque A), 244,000 km: 19.103.735 ptas.

-Lote 2, bloque B), 234,534 km: 18.361.814 ptas.

Fianzas: a provisional do 2% do tipo de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante 26 días naturais a partir do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no pazo provincial ás 12 horas do día seguinte ó que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Información: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Tfno.: 986 80 41 01.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Pontevedra, 9 de xullo de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

6927