Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO de convocatoria de concurso de obras deste concello do POL/1998 da Deputación Provincial de Ourense.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Verín.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 75/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das seguintes obras:

-Saneamento en Cabreiroá (nº 397-POL/1998).

-Unión saneamento de Cabreiroá con depuradora de Verín (nº 398-POL/1998).

-Fosa séptica en Tamagos e saneamento en Tintores (nº 399-POL/1998).

-Mellora captación auga na Rasela e outros (nº 400-POL/1998).

b) Lugar de execución: Concello de Verín.

c) Prazo de execución: dous meses para as obras número 397, 398 e 400, e tres meses para a 399.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Nº 397.

Denominación: saneamento en Cabreiroá.

Orzamento: 4.300.000 ptas.

Nº 398.

Denominación: unión saneamento de Cabreiroá con depuradora de Verín.

Orzamento: 4.900.000 ptas.

Nº 399:

Denominación: fosa séptica en Tamagos e saneamento en Tintores.

Orzamento: 8.800.000 ptas.

Nº 400.

Denominación: mellora captación auga na Rasela e outros.

Orzamento: 4.300.000 ptas.

5. Garantías.

Obra nº 397 saneamento en Cabreiroá. Provisional: 86.000 ptas. Definitiva: 172.000 ptas.

Obra nº 398 unión saneamento de Cabreiroá con depuradora de Verín. Provisional: 98.000 ptas. Definitiva: 196.000 ptas.

Obra nº 399 fosa séptica en Tamagos e saneamento en Tintores. Provisional: 176.000 ptas. Definitiva: 352.000 ptas.

Obra nº 400 mellora captación auga na Rasela e outros. Provisional: 86.000 ptas. Definitiva: 172.000 ptas.

Ó importe das melloras que se ofrezan e acepte a mesa de contratación aplicaráselles o 4% como garantía definitiva.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Verin.

b) Domicilio: praza do Concello.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 03 34.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia (se o último día do prazo coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite da presentación: o décimo terceiro día natural (trece días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia (se o último día do prazo coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

Os concursantes que formulen proposicións para máis dunha obra presentarán a mesma documentación para todas aquelas ás que concorran, agás a garantía provisional que será a que se indicou para cada obra.

c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6.

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: decreto da Alcaldía do 3 de xullo de 1998.

c) Consulta documentación: imprenta Monterrey, Avda. de Portugal, fronte á praza do Concello, teléfono: 988 41 02 66.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 3 de xullo de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

6399