Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador de epizootias LU-102/1998 devolta polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalan a continuación, a notificación de incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Gonzalo Fernández Rodríguez e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda de la Muralla, 70, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa,

así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario poralle fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-102/98.

Denunciada: Mª Teresa Campo López.

DNI: 33.812.430.

Última enderezo coñecido: r/ Río Ser, 34-4º. Lugo.

Feitos imputados: transporta-lo día 9 de febreiro de 1998, no remolque do vehículo matrícula LU-4238-T, dez animais porcinos desde Portomarín ata o seu domicilio, e non te-lo remolque rexistrado na Delegación Provincial de Agricultura para transportar animais.

Tipificación da infracción Regulamento de epizootias: transporte de animais non está rexistrado.

Precepto infrinxido: artigo 52.

Precepto sancionador: artigo 224.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Lugo, 19 de xuño de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6960