Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da obra de reforma dunha ala na residencia de válidos do Meixoeiro (Vigo).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que trámita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais - Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reforma dunha ala da residencia de válidos do Meixoeiro.

b) Lugar de execución: r/ Estrada Madrid-Ourense (Meixoeiro-Vigo).

c) Prazo de execución: 6 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: cento quince millóns oitocentas cincuenta e seis mil cento sesenta (115.856.160) pesetas.

1998: 95.161.264 ptas.

1999: 20.694.896 ptas.

5. Garantías:

Provisional: ver cláusula 8.3.6 do prego de cláusulas.

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela; Teléfono: 981 54 56 77.

6.2. Documentación:

a) Teléfono: 981 59 03 02.

b) Domicilio: r/ Rosalía de Castro, 58, Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo 2; categoría E.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n-2ª planta.

3º Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade. Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Domicilio: ver punto 6.1.b.

c)Localidade: ver punto 6.1.c.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

6435