Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CÉDULA do 18 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias LU-273/1998.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, a resolución do expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria de Lugo, contra a que poderá inter

poñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.

En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de quince (15) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións: número 311-152-115/8 Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.

ANEXO

Expediente: LU-273/1997.

Denunciados: Vicente Canuto Lucena. DNI: 20007815. Rúa República Argentina, 115-2º 7, Gandía, Valencia. Rosa Arrieta Rodríguez. DNI: 29200689. Rúa Colón, 28-32, Logroño.

Feito denunciado: encontrarse o día 27 de agosto de 1997 no núcleo urbano de Bretoña-A Pastoriza-Lugo, cunha atracción de feira con 7 ponis, e carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigo 32 do Regulamento de epizootias, do 4 de febreiro de 1955.

Precepto sancionador: artigo 212 do Regulamento de epizootias.

Sanción imposta: 75.000 ptas.

Lugo, 18 de xuño de 1998.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

6448