Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias que se cita (número 0131SA/98).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro), e do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación de procemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente

na Delegación Provincial da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, coide convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercio para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe de sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 8 de xullo de 1998.

P.A.

César Concheiro Ceide

Secretario provincial

ANEXO

Expediente: 131SA/98.

Denunciado: Márquez Gómez, Eliseo José.

DNI: 33.208.499.

Último enderezo coñecido: A Estrada- Pontevedra.

Feitos denunciados: transportar en vehículo un animal de raza bovina, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando, no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación da infracción, Regulamento de epizootias: 5.2º da Orde 4-4-1997 e o artigo 52.4º do Regulamento de epizootias en relación co artigo 224 do mesmo regulamento.

sanción: 15.000 pesetas.

6449