Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. Circunv. Francisco Rey.
Situación: Celanova.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea, a 20 kV, conductor tipo R.H.V.-12/20 kV, de 710 m de lonxitude, con orixe nun apoio de derivación ó C.T. Filgueira existente, o que se modifica instalándose nun edificio prefabricado tipo Uniblock, con trafo de 630 kVA, relación de transformación 20.000/380-220 V e remata no C.T. existente na rúa Doutor Francisco Rey.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 16 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6290