Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/25-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. saídas subestación A Rúa-O Barco-Sequeiros.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: 3 liñas subterráneas a 20 kV, en conductor R.H.V.-12/20 kV. 1ª: de 200 m de lonxitude, con orixe na subestación proxectada da Rúa e remate en apoio de formigón proxectado de entronque entre a L.M.T. aérea ó Barco e a L.M.T. aérea a Roblido. 2ª: de 450 m, con orixe na subestación proxectada da Rúa e remate no C.T. do edificio de formación profesional. 3ª: de 1.675 m, con orixe na subestación proxectada da Rúa e remate no C.T. Noira.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de xuño de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

6458