Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/192-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S., Urb. A Peregrina.

Situación: Ames.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con con

ductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 910 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Avda. Peregrina, derivada da liña do C.T. Cumega (expediente 64/1998) e remate no C.T.C. urbanización A Peregrina-Bertamiráns. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión subterránea, baixo tubo, con conductor R.V. en 6 circuítos e 1.225 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6291