Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Feilas.
Situación: Vilardevós e Riós.
Descricións técnicas: 2 liñas aéreas a 20 kV, en conductor LA-56. 1ª: de 3.557 m de lonxitude, con orixe en apoio existente da L.M.T. proxectada á Trepa e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, 20.000/380-220 V de Feilas. 2ª: de 569 m de lonxitude, con orixe en apoio nº 9 da L.M.T. ó C.T. Feilas e remate no C.T. existente de Fumaces. R.B.T. aérea do C.T. Feilas.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 15 de xuño de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
6286