Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.299

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se modifica a programación dos cursos C-7 e C-14 consonte o disposto no artigo 1.3º da Orde do 15 de decembro de 1997 no que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do Plan Autonómico de Formación de Formadores de Formación Profesional Ocupacional de 1998.

Á vista do número de solicitudes presentadas para os cursos C-7 e C-14, con base no previsto no artigo 1 punto 3º da Orde do 15 de decembro de 1997

pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do Plan Autonómico de Formación de Formadores de Formación Profesional Ocupacional de 1998, esta delegación provincial resolve modifica-la programación provincial da Coruña nos seguintes termos: curso C-7, trasládase á Coruña na primeira quincena do mes de outubro. Curso C-14, atrásase o seu inicio á primeira quincena do mes de outubro.

A Coruña, 29 de maio de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998).

María Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña

7009