Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 22 de xullo de 1998 Páx. 8.300

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións definitivas da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño convocados por Orde do 15 de abril de 1998 (DOG do 24).

De conformidad coa base común 7, apartado 1 da Orde do 15 de abril de 1998, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, establece que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación procede darlle publicidade. En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais, a partir do día 22 de xullo de 1998, as puntuacións definitivas dos baremos establecidos na Orde do 15 de abril de 1998 dos corpos e disciplinas convocadas pola citada orde.

Segundo.-Contra estas puntuacións poderán presentarse recurso ordinario ante o director xeral de Persoal no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1998.

Jaime García García

Director xeral de persoal

6419