Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da prestación do servicio de limpeza do centro de saúde, colexio público, camará agraria e Casa do Concello de Paradela (Lugo).

Aprobado polo Concello Pleno en sesión do 26 de xuño de 1998 o prego de cláusulas administrativas xerais que rexerá a contratación da prestación do servicio de limpeza do centro de saúde, colexio público, cámara agraria e Casa do Concello de Paradela (Lugo), polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido polo artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente o concurso de referencia se ben a licitación aprazarase no suposto de producirse reclamacións contra o prego anteriormente sinalado, ata a súa resolución pola corporación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Paradela (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

A prestación do servicio de limpeza do centro de saúde, colexio público, cámara agraia e Casa do Concello de Paradela.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Duración do contrato: un ano, prorrogable por anualidades sucesivas, segundo a cláusula 5 do prego.

5. Orzamento base de licitación: 1.200.000 pesetas anuais, IVE incluído.

6. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (24.000 pesetas).

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación (48.000 pesetas).

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Paradela, Avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Teléfono 982 54 11 01.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello Paradela de 9 a 14 horas durante o prazo de trece días naturais, contados desde a última publicación do presente anuncio de licitación no BOP e no DOG.

9. Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá fomularse conforme o modelo que figura no prego.

Sobre B, subtitulado documentación, conterá a documentación á que se refire a cláusula 16.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas, cláusula 16.

10. Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: non se esixe.

-Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 16 do prego.

11. Apertura de ofertas:

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, en caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 30 de xuño de 1998.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde

6889