Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.282

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión do día 15 de xuño de 1998 aprobou inicialmente

un estudio de detalle da unidade número dous (U-2) en Loureiros, promovido por Promociones J. Otero, S.L. O expediente exponse ó públco no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegación que xulguen oportunas.

A aprobación incial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito do citado estudio de detalle, para os usos e obras que resultan incompatibles coa ordenación proxectada.

O ámbito da actuación correpóndese coa casa número 3 da rúa Loureiros e terreos anexos, sitos na confluencia desta rúa coa de Costa Vella.

Contra a suspensión de licencias poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde que reciba esta notificación.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1998.

O alcalde

Rubricado

6845