Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.281

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno en sesión ordinaria con data do 2 de xullo adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente por instancia de Celso Carid Rial en representación de Promotora Drinco, S.L o proxecto de urbanización da zona 3 A de SU-14 do PXOU de Ourense, condicionada ó cumprimento das condicións sinaladas polo servicio de enxeñería con data do 30 de abril de 1998 e do servicio eléctrico do 5 de xuño de 1998, á aprobación do proxecto de construcción de glorieta na avenida de Zamora logo da constitución de garantía polo importe de 38.525.109 ptas., trinta e oito millóns cincocentas

vintecinco mil cento nove pesetas para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de xullo de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

6728