Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 22 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de recurso ordinario, expediente sancionador 15-036/96, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente 15-036/96 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que lle pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, logo de comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta notificación.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles en calquera entidade financeira, na conta nº 3110001136 de Caixa Galciia (2091) -Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela.

Expediente: 15-036/96.

Denunciado: Antonio Damas Gómez.

Domicilio: r/ Linares Rivas, nº 17-3º Narón-A Coruña.

Motivos: deficiencia na prestación dun servicio.

Data de iniciación: 23-4-1998.

A Coruña, 22 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo da Coruña

6396