Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.276

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-1021/96, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-1021/96 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-1021/96.

Denunciado: Manuel García Corredoira -Pinturas.

Domicilio: r/ Marqués de Figueroa, nº 2-A, 1º (A Coruña).

Motivos: obstrucción ó labor inspectora.

Data de iniciación: 19-8-1997.

A Coruña, 19 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo da Coruña

6395