Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S. OR-13/98 e tres máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do servicio xurídico-administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación,

que poderán ser recusadas en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes en defensa dos seus intereses, se é o caso, para propoñeren proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 19 de xuño de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OR-13/98.

Presunto responsable: José Antonio González Gallego.

DNI nº 34.955.047-S.

Último enderezo coñecido: rúa do Vinteún, bloque VI-1ºB. 32001.Ourense.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular, a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: artigo 5.c) Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 500.000 ptas de multa.

Expediente nº E.S. OU-15/98.

Presunto responsable: Lisardo Fernández Cejo.

DNI nº 34.523.351.

Último enderezo coñecido: rúa do Vinteún, portal 4-4ºC. 32001.Ourense.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular, a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: Art. 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas de multa.

Expediente nº E.S. OU-16/98.

Presunto responsable: José Manuel Da Silva Da Cruz.

DNI nº 34.945.937.

Último enderezo coñecido: rúa La Cuenga, nº 22-2ºA. Sampaio.32400. Ribadavia.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular, a residencia habitual e permanente.

Precepto sancionador: artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas de multa.

Expediente E.S. OU-17/98.

Presunto responsable: María del Carmen Santos Vázquez.

DNI nº 34.569.478-H.

Último enderezo coñecido: rúa do Vinteún, bloque XII-3ºA. 32001.Ourense.

Feitos imputados: non dedica-la vivenda de protección oficial, promoción pública da que é titular, a domicilio habitual e permanente.

Precepto sancionador: artigo 5.c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas de multa.

6392