De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15C-020/98 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguin
te ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15C-020/98.
Denunciado: Suárez y Rumbo.
Domicilio: r/ Fátima nº 30 -A Coruña.
Motivos: non figurar de forma visible prezo anterior e o rebaixado nas etiquetas.
Data de iniciación: 14-5-1998.
A Coruña, 22 de xuño de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
6436