Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 15 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de informacion pública sobre levantamento de actas previas. (Expediente 2807 A.T.)

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto nº 147/1998, (Diario Oficial de Galicia nº 102, do 29-5-1998), a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 3-1-1996, fáiselles saber a tódolos afectados, pola execución do proxecto que a seguir se indica: L.M.T. ó C.T. Montecelo, Felmil, concello de Begonte, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas,S.A.que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 3-1-1996, e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta delegación provincial.

Advírteselles ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles días e hora para o levantamento das actas que poderán formular aslegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levantar estas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 15 de xuño de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

6409