Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 21 de xullo de 1998 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/222-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Elécta del Jallas, S.A.

Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Insua.

Situación: Fisterra.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 465 m de lonxitude, con orixe no último apoio da liña que alimenta o C.T. Fisterra I e remate no C.T. Insua, que se vai instalar. Centro de trasnformación en caseta prefabricada, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Insua do que parte rede subterránea, en dobre circuíto, de 250 m de lonxitude e conductor R.V.-0,6/1 kV de 2(4x240) mm Al. Fisterra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

6213